Camilo de Lelis, san

Camilo de Lelis, san

Eclesiástico latino, fundador da orde dos camilos. Militar ao servizo de Castela ata 1574, tentou entrar na orde capuchina pero impediullo unha chaga incurable que o recluíu na cama. En 1584 foi ordenado sacerdote e, guiado por Filipe Neri, agrupou ao seu redor un grupo de sacerdotes e dedicouse ao apostolado e á asistencia dos enfermos. En 1585 fundou en Roma os Clérigos Regulares dos Enfermos, orde dos camilos ou Padres da Boa Morte. Leva como atributos un estandarte cunha cruz vermella (emblema da Congregación); un bordón con dobre cruz (por ser fundador) ou un anxo que o acompaña cun crucifixo que tende cara a un moribundo (por ser avogado da boa morte). Foi canonizado en 1746 e declarado patrón do persoal auxiliar hospitalario.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Buchianico di Chieti, Abruzos

  • Deceso

    Lugar : Roma