Camino Losada, Xosé
Xurista e político. Avogado da Real Audiencia de Galicia e deputado do común no concello de Santiago de Compostela. Durante a Guerra da Independencia (1808-1812) foi o único membro da corporación municipal que permaneceu en Compostela trala chegada dos franceses e, unha vez que estes abandonaron a cidade, exerceu como xuíz e alcalde mentres non volvían os restantes membros do concello. Foi comisario de seguridade pública de Santiago de Compostela e no ano 1812 nomeárono rexedor da cidade, pero, trala restauración de Fernando VII, obrigárono a deixar este posto polas súas ideas liberais. Cando no ano 1820 o xeneral Acevedo restableceu o réxime constitucional en Santiago de Compostela, elixírono alcalde primeiro da cidade por voto xeral e reelixírono ao se organizar legalmente o concello.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso