Camino Sigüer, Alberte

Camino Sigüer, Alberte

Poeta e avogado. Pertenceu ao grupo dos precursores do rexurdimento literario galego. Vinculado ás actividades da Academia Literaria, colaborou con artigos e poemas na prensa galega (El iris de Galicia, El Miño, El Porvenir, La Aurora de Galicia, etc) e non galega (La Antorcha e La Esperanza). A súa obra poética, en parte destruída trala súa morte por mandato do propio autor e en parte perdida, insírese na estética do romanticismo. Os seus poemas en galego de maior difusión foron “O desconsolo” e “Nai chorosa”. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre os anos 1848 e 1849. En castelán escribiu, entre outras obras, o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. No ano 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas baixo o título Poesías gallegas.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol

  • Deceso

    Lugar : Madrid