camita
camita
(< antropónimo bíblico Cam)
-
adx
Relativo ou pertencente aos camitas.
-
s
[ETN]
Denominación obsoleta de carácter étnico derivada de Cam, a quen se atribuía a súa ascendencia, aplicada orixinariamente a algunhas poboacións norteafricanas. Incluía os pobos bérberes, nilóticos e cuxitas e, segundo algunhas clasificacións, os chadianos, fulbes e mesmo hotentotes.