camítico -ca

camítico -ca

(< camita)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos camitas.

  2. linguas camíticas [LING]

    Grupos lingüísticos diversos como o exipcio, o bérber, o cuxítico, o omótico e o chadiano, englobados baixo esta denominación a partir da segunda metade do s XIX. Presentan unha serie reducida de afinidades específicas entre os cinco grupos e é difícil establecer a súa diferenciación co semítico.

Palabras veciñas

camisola | camisón | camita | camítico -ca | camito-semítico -ca | Cammin, Principado de | Camó, Pere