Camoens
Camoens
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que, segundo algúns tratadistas, ten o seu tronco en Vasco Fernández de Caamaño, do antigo casal dos Caamaño de Noia, quen trala derrota sufrida fronte a Enrique de Trastámara, por defender a causa do Rei Pedro I o Cruel, tivo que fuxir a Portugal. Outros estudiosos opinan que foi Vasco Pérez de Camoens, notorio fidalgo galego e señor do castelo de Camoens, nos arredores de Fisterra, o que tivo que se refuxiar no reino portugués, fuxindo do Rei Enrique II das Mercedes. A esta caste pertenceu o famoso poeta portugués Luís Vaz de Camões e de Macedo. As súas armas levan: en campo de sinople, unha serpe de ouro, saíndo en pau entre dúas rochas de prata.