Campanario
Campanario
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo río Zújar e polo seu afluente, o Guadiale (5.915 h [1996]). As principais actividades económicas son a produción agrícola de cereais, legumes, viña e oliveiras, xunto á cría de gando bovino e lanar. Na localidade explótanse diversas minas de volframio. A escasa industria existente pertence ao sector téxtil, especialmente á elaboración de fiados e tecidos.