campaniense
(< topónimo Campania)
-
adx
Relativo ou pertencente á Campania.
-
s
Natural ou habitante de Campania.
-
cerámica campaniense
[ARQUEOL]
Cerámica romana de época republicana que recibe o nome da rexión da Campania, onde se produciu orixinariamente. De textura lisa e verniz negro, imita a cerámica ática do s IV a C, e utiliza como decoración os círculos de palmatorias estampadas e rodeadas dunha faixa de estrías ou de círculos brancos acompañados de flores estilizadas. Foi clasificada en 1950 por Nino Lamboglia en tres tipos: o tipo A, orixinario da Campania e fabricado nos ss III e II a C; o B, seguramente elaborado na Etruria marítima a partir de 150 a C; e o C, con centro na illa de Sicilia. Considérase indicativa de contactos comerciais cando aparece en xacementos castrexos e galaico-romanos, xeralmente costeiros.