campeche

campeche

(< topónimo mexicano Campeche)

Nome científico: [Haematoxyloncampechianum, Fam das cesalpináceas]
s m [PLANTA]

Pequena árbore espiñenta, de follas paripinnadas e flores amarelas agrupadas en acios. Os troncos conteñen unha substancia colorante, a hematoxilina, de grande importancia en histoloxía. Orixinaria de Campeche, en México, cultívase nas Antillas, nas Indias Orientais e no N de América do Sur. A súa madeira, tamén coñecida como pao de Campeche, ten aplicacións en ebanistería, na elaboración de parqués, etc; o seu comercio con Europa foi moi importante, especialmente no s XVIII. O extracto de campeche, obtido a partir da madeira cortada en anacos por ebulición en alcol, úsase como colorante na industria téxtil, especialmente no tratamento de peles curtidas.