Campeche

Campeche

Estado federado de México, no O da península de Yucatán, xunto á baía de Campeche, nunha baixa planicie calcaria (50.812 km2; 642.516 h [estim 1995]). A capital é Campeche. O clima é tropical húmido con temperaturas medias anuais duns 20°C e cunha pluviosidade que oscila entre os 1.000 mm anuais no N e os 1.900 mm anuais no S. A economía baséase na agricultura, na pesca e na explotación forestal, sobre todo na extracción de goma de mascar e do pau de Campeche. O estado formouse en 1853 ao separarse do de Yucatán, quedando confirmado este status coa Constitución de 1917.