Campen, Jacob van
Campen, Jacob van
Arquitecto e pintor holandés. Influído pola arquitectura renacentista italiana, iniciou en 1633 con Pieter Post, o Mauritshuis da Haia por encargo do príncipe Mauricio de Nassau. Construíu tamén a casa do Concello de Amsterdam (1648-1655). Como pintor dedicouse sobre todo a temas mitolóxicos e históricos e traballou na decoración da vila real Huis ten Bosch.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Haarlem -
Deceso
Lugar : Randenbroek, Amersfoort