Campeny i Estany, Damiá
Campeny i Estany, Damiá
Escultor. Iniciou a súa obra, dentro dos canons neoclásicos, con tallas en madeira de estilo barroco como o San Bruno da cartuxa de Montalegre. Viaxou a Roma en 1797 e ingresou na Accademia di San Luca. Coñeceu a Antonio Canova e traballou nos talleres do Vaticano. Neste período realizou o Hércules Farnesio e o Neptuno. Profesor (1815) e director (1819) da sección de escultura da escola da Llotja de Barcelona, foi académico de mérito e escultor de cámara da Real Academia de San Fernando, e membro da Academia de Belles Arts de Barcelona (1850).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mataró -
Deceso
Lugar : Sant Gervasi de Cassoles, Barcelona