Campi

Campi

Familia de pintores renacentistas italianos establecida en Cremona. Galeazzo Campi (1477-1536), discípulo de Boccaccino, realizou obras para as igrexas de San Sidismondo e San Sebastiano de Cremona. O seu labor pictórico continuárono os seus fillos: Giulio Campi (1502?-1572), discípulo do seu pai; Antonio Campi (1535?-1591?) discípulo do seu pai e do seu irmán Giulio; e o seu irmán Vincenzo Campi (1536-1591) co que viaxou a España en 1583 e realizou unha táboa representando a san Xerónimo para o mosteiro de El Escorial. Tamén pertenceu a esta familia Bernardino Campi (1522-1595?), formado primeiro con Giulio Campi e despois en Mantua.