Campillo de Llerena

Campillo de Llerena

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na serra de Hornachos. Está regado polo río Guadamez (1.830 h [1996]). Posúe unha abundante vexetación, da que destacan os bosques de aciñeiras. As principais actividades económicas son a agricultura, coa produción de cereais e oliveiras, e a industria cerámica.