Campillos

Campillos

Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na serra de Yeguas (7.737 h [1996]), situado nunha chaira próxima o río Rincón. A súa economía baséase na gandería, destacando as explotacións avícolas e de porcino; na agricultura, especialmente o cultivo de cereais, legumes e froitas; e na industria, onde sobresae a produción de pensos, madeira, panos, pel, xabón e licores.