Campo, Pedro do

Campo, Pedro do

Canteiro. Realizou en 1580 o pozo do castelo de Monterreal de Baiona. Segundo o seu testamento, redactado en Santiago de Compostela en 1581, tiña pendente de rematar nesa data os cuartos do claustro e un refectorio no mosteiro de Oia, un mosteiro para os monxes descalzos en Baiona concertado co concello, un pozo de auga, unha capela por encargo de Pedro Gómez Pereira e a capela dos Meras. Posteriormente, en 1585 sendo veciño do mosteiro de Oia, encargóuselle a realización da torre das campás da igrexa da Guarda pero el mesmo entregoulle este traballo ao canteiro vigués Álvaro da Vila. No ano 1601 encomendóuselle a capela maior da igrexa parroquial de Bouzas, en Vigo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Baiona