Campo, San Bieito do

Campo, San Bieito do

Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Obra de Melchor de Prado Mariño proxectouse en 1795. Ten planta rectangular cunha soa nave cuberta con bóveda de canón e unha ábsida semicircular. Nos muros laterais ábrense altares articulados por medio de arcos de medio punto enmarcados en pilastras xónicas. Na fachada, caracterizada pola súa sobriedade, destaca a ventá semicircular que proporciona iluminación ao interior, o frontón triangular do remate e o campanario.