Campo de Criptana
Campo de Criptana
Municipio de Ciudad Real, Castela-A Mancha, regado polo Záncara (13.892 h [1996]). Trátase dun importante núcleo agrícola, onde os cereais, a viña e as oliveiras, son os principais produtos cultivados. As industrias alimentarias, sobre todo de fariña e derivados, viños, queixos e o sector téxtil complementan a súa economía. Nos últimos anos potenciouse a actividade turística. Existen numerosos muíños de vento nas proximidades. Constitúe unha das principais localidades da rota de don Quixote.