Campo Sobrino, Enrique
Debuxante e pintor. Discípulo de Casto Sampedro Folgar, en 1906 ingresou na Sociedad Arqueológica de Pontevedra onde foi colaborador e debuxante oficial. Os seus traballos representan monumentos arquitectónicos realizados cun espírito arqueolóxico. O seu primeiro debuxo coñecido é Casa de Pontevedra, datado arredor de 1901, e produciu a maior parte da súa obra entre os anos 1906 e 1910. En 1909, co gallo da Exposición Rexionalista Galega de Santiago de Compostela, foi nomeado delegado da Sección Arqueolóxica e realizou, en colaboración co gravador Enrique Mayer Castro, os debuxos de catalogación da riqueza artística de Pontevedra e do arcebispado de Tui. No mesmo ano recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e trasladouse a Madrid onde descubriu a primeira lápida romana atopada na capital. Realizou tamén acuarelas enmarcadas nunha tendencia impresionista que evolucionou cara a un expresionismo no que sobresaía o grafismo e a cor. Entre os seus debuxos destacan: Tejados de Pontevedra (1906), Convento de Armenteira (1906), Monasterio de Acibeiro (1907), Interior de Santa María (1908), Iglesia de San Pedro (1910) e Calle de Madrid (1910). En 1910 foi nomeado membro correspondente da Real Academia de Historia
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso