Campos, Xosé María

Campos, Xosé María

Mestre. En 1874, despois do pronunciamento militar que derrocou a República, exiliouse a Francia e posteriormente a Uruguay. Alí desempeñou cargos maxisteriais en Montevideo, Minas de Corrales e Paysandú, no marco da reforma educacional que promovera José Pedro Varela. Desempeñou a docencia oficial ata 1883, ano no que fundou o Colegio Uruguayo na cidade de Mercedes. En 1885 iniciou os cursos para adultos e, no 1889, obtivo o permiso para incorporar estudios de bacharelato no seu colexio; deste modo, pasou a denominarse Instituto Uruguayo. Posteriormente, oficializouse o instituto e adquiriu o nome de Instituto José María Campos.

Cronoloxía

  • Deceso