Campos Michelena, Pascuala
Campos Michelena, Pascuala
Arquitecta. Estudiou arquitectura en Madrid e Barcelona, cidade na que rematou os seus estudios en 1966. Instalada en Galicia, traballou con César Portela. Entre as súas obras destacan o concello de Pontecesures, as escolas nacionais de Campañó e Salcedo e a escola de acuicultura da Illa de Arousa (1992). Realizou tamén a rehabilitación arquitectónica do conxunto histórico de Combarro e restaurou a igrexa e o curro de Sabucedo, na Estrada.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sabiote, Jaén