Campos Ramírez, Alejandro
Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia de la danza española (1948) e Coplas del mal decir, plegarias y flornabos del tiempo y del espazo (1977). É membro da Real Academia Galega, da Societé des Auteurs et Compositeurs Dramatiques, en Francia, da Asociación de Escritores, da Cámara Nacional de la Industria de Artes Gráficas e da Asociación Nacional de Periodistas, en México.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Fisterra