Camprubí i Aymar, Zenòbia

Camprubí i Aymar, Zenòbia

Escritora e tradutora. Foi profesora na Universidad de Río Piedras de Puerto Rico dende 1952. Esposa de Juan Ramón Jiménez, exerceu sobre el unha notable influencia no proceso de renovación estética que culminou co Diario de un poeta recién casado (1917). Serviulle de guía nas súas lecturas de poetas ingleses e norteamericanos e interveu activamente na edición da súa obra, en particular, na elaboración da Tercera antolojía poética (1957), xunto con Eugenio Florit. Traduciu ao castelán a obra de Rabindranāth Tagore a partir da súa versión inglesa e escribiu un Diario (1991).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Malgrat de Mar, Barcelona

  • Deceso

    Lugar : San Juan de Puerto Rico