Canaris, Wilhelm
Canaris, Wilhelm
Almirante alemán. Na Primeira Guerra Mundial foi membro do servizo de espionaxe naval en Madrid. Nomeado xefe da Abwehr en 1935, cooperou coas forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil de 1936-1939. Desde 1938 mantivo unha actitude contraria á política de expansión de Hitler, que levou á disolución da Abwehr (1944). Participou no atentado de xullo de 1944 contra Hitler. Foi arrestado e executado.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Aplerbeck, Westfalia -
Deceso
Lugar : Flossenbürg, Baviera