Canaval
Canaval
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. O topónimo Canaval é un abundancial formado sobre cana, pero a través dun derivado que resultou dun cruce entre cana e cannabu ‘cánabo’. Este apelido documéntase no s XIII: “Pero Iohanis de Canaval” (doc ano 1289 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 38), “Johan Canaval” (doc ano 1292 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 40). Actualmente adoita aparecer grafado con -b-: Canabal.