canavela
canavela
(< 1 cana)
-
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea da familia das poáceas pertencente ao xénero Arundo, de talos grosos e circulares que poden acadar ata os 5 m de altura.
Sinónimos: canaveira, canivela. -
s
f
Talo groso e oco dalgunha desas plantas desprovisto de follas e raíz.
Sinónimos: canaveira, canivela. -
s
f
Tubo formado por unha porción de cana inserido no punto polo que deita auga unha fonte ou unha poza, para crear un chorro e facilitar a recollida do líquido.
Sinónimos: canaveira, canivela. -
s
f
Tubo do foguete que contén a pólvora, constituído tradicionalmente por unha cana e substituídoposteriormente por material plástico.
Sinónimos: canaveira, canivela, canivete.