Cañaveral
Cañaveral
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado nun terreo escarpado, á beira do río Juan Cid, afluente do Tajo, no punto onde este forma o pantano de Alcántara (1.593 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, con cultivos de laranxas, limóns e oliveiras. Teñen importancia as granxas dedicadas á avicultura.