cáncaro
cáncaro
-
s
m
[PLANTA]
Herbácea perenne do xénero Primula. De ata 30 cm de altura, presenta pelos glandulares, follas ovadas na base, flores con cáliz tubular de cinco dentes, corola con tubo longo cilíndrico de pétalos amarelos ou brancos, normalmente heteroestílicas, e froito en cápsula. En Galicia están presentes as especies: P. elatior, de flores en umbela e froito máis longo ca o cáliz, que se atopa nos prados e bosques de montaña do sueste do país; P. veris, de flores en umbela e froito máis curto ca o cáliz, propia dos prados e bosques abertos da metade norte; e P. vulgaris, de flores independentes dende o centro da roseta, común en lugares húmidos e sombrizos de toda Galicia.
-
s
m
[ANIMAL]
Centola macho.