Cancela Freijo, Xosé

Cancela Freijo, Xosé

Médico. Formouse primeiramente en Santiago de Compostela e, en 1927, emigrou ao Uruguay, onde acadou a licenciatura en Medicina (1946). Foi xefe do laboratorio de otorrinolaringoloxía da facultade de Medicina de Montevideo e do de bacterioloxía do Instituto de Tisología. Exerceu tamén como médico da Casa de Galicia de Montevideo e, sendo amigo de Castelao, representou en Uruguay o Goberno republicano no exilio ocupando un ministerio. Realizou estudios por diversos países e formou parte de numerosas comisións internacionais e institucións científicas. Promoveu a fundación do Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Entre as súas publicacións destaca Histoplasmosis: Enfermedad de Darling (1950).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Campañó, Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Montevideo