Canena
Canena
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca de Lomas de Úbeda, na marxe esquerda do río Guadalimar (2.137 h [1996]). A economía é fundamentalmente agrícola e baséase no cultivo de oliveiras, viñas e árbores froiteiras. Dentro do termo municipal hai un castelo medieval que pertenceu á orde de Calatrava e que foi transformado en palacio no s XVI.