Canet d’en Berenguer
Canet d’en Berenguer
Municipio do Campo de Morvedre, València, situado na chaira aluvial costeira, co río Palància como límite meridional (1.975 h [1996]). As actividades económicas céntranse na agricultura, sobre todo cítricos, e no sector terciario, favorecido pola proliferación de urbanizacións na costa e pola proximidade de Sagunt, cabeza comarcal. Do seu patrimonio sobresaen a igrexa parroquial de Sant Pere, construída entre 1742 e 1762, e o palacio do Baró, levantado entre os ss XVII e XVIII, así como numerosos vestixios romanos.