Canet de Mar
Canet de Mar
Municipio de Barcelona, situado nun relevo montañoso con pequenas chairas (9.455 h [1996]). A actividade económica máis importante é o turismo, mentres que a industria é fundamentalmente téxtil. En 1579 Sant Pere de Canet erixiuse en parroquia independente. O goberno do municipio organizouse en 1580 e, en 1591, inagurouse a nova igrexa parroquial de Sant Pere, renacentista, ampliada no s XVIII. A antiga domus ou casa de Canet, chamada castelo de Santa Florentina, transformouse en castelo ao final do s XIX; pertence aos condes do val de Canet e conserva unha colección de arte antiga. O santuario da Misericordia, antiga ermida do s XVII, ampliouse en 1730 e construíse de novo entre 1853 e 1857.