Cangas de Onís

Cangas de Onís

Municipio do Principado de Asturias situado no fondo dun val, na confluencia dos ríos Gueña e Sella (6.285 h [1996]). Nos seus bosques danse os carballos e os castiñeiros. As principais actividades económicas son a agricultura (árbores froiteiras), a gandería (gando vacún e ovino) e industrias derivadas (alimentarias e de aproveitamento da madeira). Tamén destaca a actividade mineira, con xacementos de cobre e de hulla. Antiga localidade romana, foi residencia dos reis ástures desde Paio (718) ata Silo (783). Consérvanse restos da antiga residencia real do s VIII, a ermida de Santa Cruz, reedificada no s XVII sobre outra do s VIII, e unha ponte medieval do s XIII sobre o Sella.