cánido
cánido
(< lat científico Canidae
-
adx
Relativo ou pertencente aos cánidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos cánidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos da orde dos carnívoros de aspecto homoxéneo, variando o tamaño dende o fenec, de 30 cm, ata o lobo de 130 cm, de formas esveltas coas patas longas e coa cabeza xeralmente pequena co fociño prolongado e orellas triangulares. Teñen a dentadura típica dos animais carnívoros, cos dentes caninos moi desenvolvidos, e as súas orellas son de longura variable, rectas e puntiagudas. O pelo é xeralmente abundante, laúdo e de tacto suave. Son fundamentalmente depredadores. Distribúense por África, América, Asia, Europa e unha especie en Australia, o dingo, probablemente orixinada a partir das formas introducidas polo home.