Canido
Canido
Lugar da parroquia de San Miguel de Oia (concello de Vigo). Na década de 1960 foi obxecto dun plano estatal de desenvolvemento turístico que foi aproveitado por particulares para convertelo nunha área residencial. Deste xeito, Canido converteuse a partir da década de 1970 nun dos primeiros exemplos do proceso de periurbanización en Galicia. Ten un porto deportivo.