Caniles
Caniles
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nunha chaira na cabeceira do río Baza e accidentado pola serra de Baza (5.303 h [1996]). A economía baséase na agrícultura e gandería (ovina, vacúa e porcina) e nas industrias derivadas (fabricación de azucre e aceite). Posúe pequenos xacementos de xeso. Os Reis Católicos conquistaron esta vila aos musulmáns e convertérona ao cristianismo.