Cannizzaro, reacción de

Cannizzaro, reacción de
[QUÍM]

Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.