Cano Lasso, Julio
Cano Lasso, Julio
Arquitecto. A súa obra caracterízase polo emprego dos materiais autóctonos e polo rigor construtivo. Realizou as vivendas sociais de Badajoz (1965) e, entre 1960 e 1968, as de Vite e do Burgo das Nacións en Santiago de Compostela, onde empregou a galería tradicional galega. O ladrillo é o material dominante nas vivendas sociais da rúa Basilisca de Madrid, realizadas entre 1966 e 1974. En 1974 construíu o edificio da Universidade Laboral de Ourense e en 1986 o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Realizou o pavillón de España da Exposición Universal de Sevilla de 1992 e a sede da compañía Nationale Nederlanden de Madrid en 1991. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes e recibiu a Medalla de Ouro da Arquitectura española.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso