cántabro -bra
(< lat Cantabru)
-
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Cantabria, dividida administrativamente entre as comunidades autónomas de Asturias e Cantabria.
-
adx
Relativo ou pertencente á Comunidad Autónoma de Cantabria ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de Cantabria.
-
adx
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos cántabros.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo cántabro.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Grupo de pobos prerromanos establecidos na costa norte da Península Ibérica, na zona montañosa da actual Comunidad Autónoma de Cantabria e parte oriental de Asturias, desde o río Sella ata o Nervión. Existe entre os cántabros un elemento básico preindoeuropeo e outro céltico ou indoeuropeo antigo. Practicaban a recolección, unha incipiente agricultura (cereais) e eran tamén pastores e gandeiros (cría de cabras, porcos e cabalos). Aparecen mencionados por primeira vez no 195 a C e caracterizábanse pola súa forte oposición a Roma, que non conseguiu sometelos totalmente ata o 19 a C, tras un longo período de guerras (Guerras Cántabras). A súa romanización foi, con todo, lenta e parcial.
-
adx