cantilena

cantilena

(

  1. s f
    1. [LIT/MÚS]

      Composición poética breve destinada ao canto baseada na repetición do motivo temático principal, que adoita ser un lamento. Na métrica medieval francesa chámase cantilène e algúns filólogos franceses defenderon que era a precursora do cantar de xesta francés.

    2. [LIT]

      Composición épico-lírica que deu lugar á formación dos cantares de xesta, segundo a crítica romántica.

  2. s f [MÚS]
    1. Canción monódica da Idade Media de melodía moi coñecida e que a miúdo tiña refrán.

    2. Composición vogal melodiosa e lenta.

    3. Parte superior dunha composición coral ou a parte que constituía a melodía principal.

    4. Xénero polifónico ou a unha voz con contrapunto instrumental.

  3. s f

    Aquilo que se repite moitas veces e causa molestia e fastío.

    Ex: O seu irmán sempre está coa cantilena de que ten que cambiar de coche.

    Sinónimos: canción, cantarea, cantarela.