Cao Moure, Xosé

Cao Moure, Xosé

Impresor. Estableceuse en Vigo, na rúa do Príncipe, e foi propietario da editorial PPKO. As súas obras, moi comerciais, conteñen abundantes fotografías. Editou os libros de ouro das cidades de Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, Marín, Ourense e A Coruña. Publicou tamén un manual para tipógrafos titulado Manual práctico de fotograbado sobre zinc y sobre cobre (1909), o Catálogo de Vigo (1922), o libro Los Pazos Gallegos (1927) e o monográfico Franco ante el Apóstol Santiago. Galicia! (1939). Continuou co seu labor editorial polo menos ata 1949, data na que publicou Homenaje al glorioso autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (...) en La Coruña.

Cronoloxía

  • Deceso