capar

capar

(

  1. v t
    1. Extirparlle a un animal os seus órganos de reprodución, os testículos no macho e os ovarios na femia, ou privar a estes mesmos órganos da súa capacidade de reprodución ou de fecundación.

      Ex: Houbo que capar a porca para evitar as súas tempadas de celo.

      Sinónimos: castrar. Confrontacións: esterilizar.
    2. Privar as persoas da capacidade reprodutiva.

      Ex: A súa muller sempre o ameazaba dicíndolle que o había capar.

      Sinónimos: castrar. Confrontacións: esterilizar.
  2. v t

    Extraer o mel das entenas das abellas deixando o imprescindible para que poidan fabricar máis e alimentarse.

    Ex: Onte pola mañá capou a colmea que ten no campo.

    Sinónimos: castrar, esmelgar.
  3. v t

    Cortar algunha planta ou os seus rebentos ou ramas a rentes, especialmente as leitugas para os animais.

  4. v t

    Deixar curta, estreita ou escasa unha prenda de vestir.

    Ex: Capoulle tanto o vestido que agora non lle serve nas cadeiras.

  5. v t

    Facer que se malogre algunha cousa.

    Ex: O accidente que sufriu capou os seus anhelos de chegar a ser un gran deportista.

  6. v t [XOGO]

    No xogo da brisca ou do tute, collerlles aos contrincantes o tres do pau de trunfo co ás.

Frases feitas

  • Capar a alguén o cuco. Estar alguén en xexún cando se oe o canto do cuco por primeira vez no ano. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia é sinal de mal agoiro e tamén oír o canto do paspallás, da rola ou do sapo.

  • Mentres se capa non se asubía/Mentres que se capa non se rapa. Mentres que se fai unha cousa non se pode facer outra ao mesmo tempo.

Palabras veciñas

capadoira | capador -ra | capadura | capar | caparáceo -a | caparal | caparidáceo -a
Conxugar
VERBO capar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capo
capas
capa
capamos
capades
capan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capaba
capabas
capaba
capabamos
capabades
capaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capei
capaches
capou
capamos
capastes
caparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capara
caparas
capara
caparamos
caparades
caparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caparei
caparás
capará
caparemos
caparedes
caparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
caparía
caparías
caparía
capariamos
capariades
caparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cape
capes
cape
capemos
capedes
capen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capase
capases
capase
capasemos
capasedes
capasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capar
capares
capar
caparmos
capardes
caparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
capa
-
-
capade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
capar
capares
capar
caparmos
capardes
caparen
Xerundio capando
Participio capado
capada
capados
capadas