capar
(
-
v t
-
Extirparlle a un animal os seus órganos de reprodución, os testículos no macho e os ovarios na femia, ou privar a estes mesmos órganos da súa capacidade de reprodución ou de fecundación.
Ex: Houbo que capar a porca para evitar as súas tempadas de celo.
Sinónimos: castrar. Confrontacións: esterilizar. -
Privar as persoas da capacidade reprodutiva.
Ex: A súa muller sempre o ameazaba dicíndolle que o había capar.
Sinónimos: castrar. Confrontacións: esterilizar.
-
-
v t
Extraer o mel das entenas das abellas deixando o imprescindible para que poidan fabricar máis e alimentarse.
Ex: Onte pola mañá capou a colmea que ten no campo.
Sinónimos: castrar, esmelgar. -
v t
Cortar algunha planta ou os seus rebentos ou ramas a rentes, especialmente as leitugas para os animais.
-
v t
Deixar curta, estreita ou escasa unha prenda de vestir.
Ex: Capoulle tanto o vestido que agora non lle serve nas cadeiras.
-
v t
Facer que se malogre algunha cousa.
Ex: O accidente que sufriu capou os seus anhelos de chegar a ser un gran deportista.
-
v t
[XOGO]
No xogo da brisca ou do tute, collerlles aos contrincantes o tres do pau de trunfo co ás.
Frases feitas
-
Capar a alguén o cuco. Estar alguén en xexún cando se oe o canto do cuco por primeira vez no ano. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia é sinal de mal agoiro e tamén oír o canto do paspallás, da rola ou do sapo.
-
Mentres se capa non se asubía/Mentres que se capa non se rapa. Mentres que se fai unha cousa non se pode facer outra ao mesmo tempo.
Palabras veciñas
capadoira | capador -ra | capadura | capar | caparáceo -a | caparal | caparidáceo -aIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capo
capas
capa
capamos
capades
capan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capaba
capabas
capaba
capabamos
capabades
capaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capei
capaches
capou
capamos
capastes
caparon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capara
caparas
capara
caparamos
caparades
caparan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles caparei
caparás
capará
caparemos
caparedes
caparán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles caparía
caparías
caparía
capariamos
capariades
caparían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cape
capes
cape
capemos
capedes
capen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capase
capases
capase
capasemos
capasedes
capasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capar
capares
capar
caparmos
capardes
caparen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
capa
-
-
capade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles capar
capares
capar
caparmos
capardes
caparen
capada
capados
capadas