caparáceo -a

caparáceo -a

(< lat Capparis, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás caparáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das caparáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de herbas e arbustos da orde das caparais que comprende uns 50 xéneros e 800 especies, de distribución principalmente tropical e subtropical, especialmente no continente africano. Presentan as follas alternas e as flores tetrámeras. Na rexión mediterránea están presentes os xéneros Capparis e Cleome.

Palabras veciñas

capador -ra | capadura | capar | caparáceo -a | caparal | caparidáceo -a | Caparrós Muñoz, Luis