capador -ra
capador -ra
(< capar)
s
Persoa que realiza a castración dos animais. Antano, anunciaban a súa presenza nas aldeas soprando un pito semellante ao dos afiadores. Na tradición oral rexístranse ditos como: “Mentres que está o capador enriba dela, non digas que a porca é túa”.