Capela Compostelana
Capela Compostelana
[MÚS]
Grupo musical que polas súas características pode ser considerado como unha formación de cámara. Está constituído por nove compoñentes: soprano, tenor e contratenor na parte vocal, mentres que na instrumental consta de vihuelas, contrabaixo, teorba, órgano e clavecín. Un dos seus compoñentes, Francisco Luengo, é o director do grupo. Da súa discografía destaca o traballo editado en 1991, cun repertorio monograficamente reservado a composicións de José de Baquedano, mestre de capela da catedral de Santiago durante parte dos ss XVII e XVIII.