capela
(< lat *cappella, dim decappa ‘capa’)
-
Parroquia do concello da Capela baixo a advocación de Santiago onde se atopa a capital municipal, a aldea das Neves.
-
[ARQUIT]
-
s
f
Igrexa pequena, polo xeral cun só altar, anexa a un establecemento relixioso ou segrar.
Confrontacións: ermida, santuario. -
s
f
Departamento dunha igrexa onde hai un altar, que non é o principal, e unha advocación ou imaxe particular.
-
capela absidial
Capela que se abre na ábsida, normalmente nunha absidiola.
-
capela fonda
Capela do Santísimo cando está separada do corpo principal da igrexa.
-
capela lateral
Capela situada aos lados da capela maior, no cruceiro ou nas naves laterais.
-
capela maior
Capela principal dunha igrexa que está situada no eixe central da mesma, no lugar do altar maior e do presbiterio.
-
capela nicho/fornelo
Capela que se abre nas naves laterais e que adoita ser abovedada.
-
capela real
Igrexa que formaba parte dos palacios reais en toda a Europa medieval e onde se celebraban os actos relixiosos da corte.
-
s
f
-
s
f
Lugar destinado ao culto e situado nun palacio, casa, convento, escola, comunidade privada ou nun edificio similar, e que non ten a plenitude de dereitos dunha igrexa parroquial.
Ex: Os cabaleiros medievais adoitaban orar na capela do castelo antes de saír na procura de aventuras.
Confrontacións: ermida, santuario. -
s
f
Oratorio portátil dun corpo militar.
-
[RELIX]
-
s
f
Conxunto de cregos dedicados ao servizo relixioso nun palacio ou noutro lugar non público.
-
capela pontificia
Unha das dúas seccións da casa pontificia integrada por eclesiásticos e leigos ao servizo do papa nas súas funcións relixiosas.
-
s
f
-
[MÚS]
-
s
f
Conxunto de músicos, cantores e instrumentistas, ao servizo da capela dun soberano ou dunha igrexa. Desde mediados do s XV ata comezos do s XVII foron os centros máis importantes de cultivo da arte musical e case todos os grandes compositores da época foron cantores ou mestres de capela. Entre as capelas máis salientables da historia destacan as de Enrique V e Enrique VI en Inglaterra; as capelas dos Habsburgo e a Chapelle Royale de París.
-
mestre de capela
Director dunha capela de música, isto é, do corpo de músicos dunha igrexa ou catedral. Os mestres de capela galegos proviñan das máis variadas e distantes igrexas españolas, pois os editos das catedrais de Galicia enviábanse ás restantes do Estado; algúns deles, os menos, formáronse ao amparo das nosas propias capelas catedralicias. Estes mestres dirixían os músicos e aprendían os nenos do coro, ademais de compoñer toda a música destinada ao culto que o cabido respectivo lles propoñía. Accedían normalmente ao cargo mediante unha dura oposición, aínda que ás veces, principalmente no caso da catedral compostelá, eran nomeados directamente polo cabido, despois de examinar favorables informes. Cómpre salientar, entre outros, a José de Baquedano, Buono Chiodi e Melchor López, na catedral de Santiago; Antonio Roel del Río, Joaquín Lázaro e Ángel González Santavaya, na catedral de Mondoñedo; e Gaspar Smith e Manuel Rábago, na catedral de Tui.
-
s
f
-
s
f
Capa externa dunha cousa ou que se lle coloca a algo para protexelo.
Ex: Caeulle a capela da ferida e agora bota sangue. Hai tempo que che botei as papas no prato e xa teñen capela. Cunha copa de colmo fixemos unha capela para colocarlle ó palleiro.
-
s
f
-
Especie de manta que se forma con esa la despois de cardala.
-
La que se tira do carneiro ou da ovella cando se rapan.
Sinónimos: vélaro.
-
-
capela do ollo
[ANAT]
pálpebra.
-
capela papal
[RELIX]
Función litúrxica solemne celebrada polo papa ou co cerimonial papal.
Frases feitas
-
Estar en capela. Esperar o inicio de algo que está a punto de pasar ou o resultado dun asunto, ou a solución de algo complicado. Ex: O condenado a morte estaba en capela á espera da súa execución.