Capelán
Capelán
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume que se aplicaba a individuos que desempeñaban o oficio de capelán. Documéntase no s XII: “Pelagius Capellanus” (doc ano 1184 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 480). Actualmente, adoita aparecer coa forma castelanizada Capellán.