capelanía
(
-
s
f
[DER]
Cargo ou beneficio cunha serie de honores, dereitos e obrigas anexos, consistente en exercer os servicios de culto nunha capela. Implica xeralmente diversos tipos de servicios como a celebración de misas, procesións, dotacións a pobres e cura de almas, e un conxunto de bens, rendas e dereitos adscritos á capela. O seu máximo desenvolvemento tivo lugar entre os ss XV e XVIII. Existen dous tipos de capelanías: as eclesiásticas ou colativas, que erixe o clero ordinario reservándose a colación e que corresponden a unha autoridade eclesiástica, e as leigas, nas que xa non intervén a autoridade eclesiástica.
-
capelanía de sangue
[DER]
Capelanía vinculada aos membros dunha familia, xeralmente nobre. A miúdo, os beneficiarios ordenábanse para obter as rendas e beneficiarse das exencións eclesiásticas. Denomináronse ordenados a título de patrimonio.