Capponi, Gino
Capponi, Gino
Pedagogo, historiador e político. Do 1813 ao 1820 viaxou por Europa promovendo grandes obras culturais. Foi impulsor do Risorgimento e partidario do liberalismo moderado de Azeglio. Despois do Estatuto de 1848, foi elixido senador e, posteriormente, presidente do Consello. Fundou Antologia (Antoloxía, 1821) e Guida dell’Educatore (Guía do educador, 1836) e contribuíu á fundación do Giornale Agrario Toscano. É autor, entre outras obras, de Frammento sull’educazione (Fragmento sobre a educación, 1845), o escrito educativo máis orixinal da Italia da primeira metade do s XIX, e de Storia della Republica di Firenze (Historia da República de Florencia, 1875).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso